Casas modulares na praia: Cabanas de Broña
Proxéctanse catro apartamentos turísticos nunha parcela a escasos metros da praia de Broña, primeiro areal da ría de Noia, que se resolven co sistema modular Addomo Madeira.
Nun contorno natural moi fermoso, buscamos a intimidade separándonos das edificacións existentes e abrindo ocos sobre o mar. As edificacións buscan para os seus habitantes a sensación de desconexión, de aí a importancia da privacidade, moi coidada no deseño das cabanas elevadas sobre o solo.
O programa de las cabanas é moi completo: dous dormitorios, cociña – salón – comedor, baño e unha ampla terraza sobre a ría en cada un dos apartamentos.
A elevación da cabana permite conseguir unhas vistas fantásticas desde o porche e, especialmente, desde o mirador instalado na cuberta.