Casas de madeira entre árbores: Cabanas do Barranco
Recibimos a encarga dunha intervención hoteleira singular con apartamentos independentes nun espazo valeiro do núcleo de Outes. Froito do abrupto da súa tipografía e do progresivo abandono deste tipo de núcleos, sobre o solar derrámase un bosque espontáneo e heteroxéneo.
A nivel global, realízase unha primeira aproximación á parcela desde a súa sección. Conseguimos unhas primeiras manchas asomándonos aos diferentes bordos e facendo nosos os terreos circundantes, liberando espazo e buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar ás vistas, unha sorprendente perspectiva, entre as ramas, sobre a desembocadura do Rio Tines, os montes Barbanza, Trémuzo e A Pena, e o nacemento da ría de Muros-Noia.
Nun segundo nivel, defínense formalmente as diferentes edificacións así como a súa implantación atendendo á evolución caprichosa das diferentes especies, buscando ocos entre as pólas, condicionadas polas súas oríxes, o seu proxecto e o seu futuro.
Nun terceiro nivel, búscanse os apoios sobre os que soportar as lixeiras estructuras de madeiras sen dañar as raíces das diferentes árbores entre as que se integran, se definen tamén as alturas das edificacións e os accesos, co obxetivo de difuminar a liña entre a edificación e o contorno, natural e artificial.
A intervención realízase co sistema modular Addomo Madeira que determina acabados e proporcións, utilizando madeiras recicladas que aceleran a natural integración do conxunto.
Edificio modular de madeira para o Centro de Actividades Mariñeiras do proxecto Cabanas do Barranco.
Dentro do proxecto de Cabanas do Barranco e coa mesma filosofía, proxectamos un restaurante e obradoiro de cociña. Trátase dun edificio modular en madeira entre as ramas das árbores e cunha fermosas vistas sobre a desembocadura do Río Tines, os montes Barbanza, Trémuzo e A Pena, e o nacemento da ría de Muros-Noia.
Co sistema modular Addomo Madeira conseguimos unha perfecta integración e uns espazos amplos e luminosos.