Casa modular de César e Isabel
Esta vivenda modular construida co sistema Addomo Formigón sitúase ao lado dun camiño que se abre entre un bosque de carballos centenarios. Estes carballos cruzan ata a finca na que se sitúa a casa.
Os obstáculos do terreo e as árbores determinan a disposición dos volúmes nos que se organiza a vivenda. A edificación rodeaos, apértaos e intégraos buscando a retroalimentación entre a arquitectura e as preexistencias.
O programa da vivienda organízase en habitación principal con vestidor e baño, outro dormitorio, dous despachos e biblioteca. A zona de día divídese en salón, cociña, comedor e baño.
No exterior, a vivenda conta ademais cun porche desde o que se pode acceder a unha terraza na cuberta, un garaxe e unha lavandaría.