Casa de madeira de Lucas, Telmo e Nuno

Recibimos a encarga dunha casa de madeira para unha familia grande con varias premisas: queren materiais naturais, sostibles, nunha vivenda con moita luz, ampla e práctica.

Gustaríalles que estivese moi conectada co exterior polo que será unha casa con moito cristal e con ventás-portas que permitan sair ao xardín desde todas as estancias.

Trátase dunha construcción en madeira, con unha estructura de madeira laminada e un forxado tamén de madeira na planta superior.

O forxado da planta baixa, porén, é de formigón posto que, deste xeito, permite que se poida colocar un sistema de calefacción con chan radiante e aerotermia.

A fachada é ventilada, de madeira de piñeiro.

A parte central da vivenda é o salón-cociña, presidido por unha illa de pedra e unha mesa da mesma madeira que unha parte da estructura da vivenda. A doble altura do salón aporta un extra de luminosidade e amplitude. O altillo constitúe un espazo versátil e multiusos, con saída á cuberta transitable.

A zona nocturna da vivenda está composta por unha habitación infantil transformable e outra principal en suite.

A habitación dos nenos é moi ampla, cun espazo de xogos e unha zona de dormitorio con tres camas e unha litera para as convidadas sen ningún tipo de separación. Hai tres portas e tres ventás que permitirán, no futuro, dividila, se fose preciso, en tres habitacións.

O dormitorio principal está en suite co seu baño e, coma o resto de estancias, está conectado co exterior con grandes ventanais e moita luz.

Os armarios están no corredor, son de obra, con gran capacidade de almacenaxe.

 

Addomo - Casa de madera de Lucas, Telmo y Nuno

as nosas casas

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón e Addomo Madeira é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade. Coñéceas.

Addomo Casa modular madeira - Zalo e Noa

casas de madeira

Addomo - Casa de madeira

casas de formigón

Addomo - Casas de formigón

proxectos turísticos