Casa de madeira de Fede e María
Esta vivenda modular unifamiliar realízase co sistema Addomo Madeira. Neste caso, sitúase nun terreo rural, polo que partimos do respecto máximo ao seu contorno.
Trátase dun proxecto realizado con elementos prefabricados de entramado lixeiro de madeira, optimizando o proceso constructivo co fin de obter unha casa ecolóxicamente eficiente e doadamente adaptable á parcela onde se pretende situar.
O programa da vivienda desenvólvese íntegramente en planta baixa, polo que os movementos de terra serán mínimos. Os clientes solicitan unha casa de madeira de dous dormitorios máis unha zona de estudio. Accédese á edificación a través dun porche cuberto. A zona de día alberga un salón-comedor-cociña nunha mesma estancia que se conecta coa zona de descanso a través dun amplo distribuidor. Desde ese espazo accédese aos dous baños que dan servizo á vivienda.