Cabanas de madeira e formigón en Monte Aloia
Trátase dun proxecto de turismo sostible no contorno do Parque Natural de Monte Aloia. A idea nace do compromiso dos promotores co territorio, co obxectivo de ofrecer unha oferta turística diferenciada nun espazo forestal de gran valor natural.
O proxecto pretende aportar certa dinamización económica, social e cultural á zona, cun claro compromiso coa comunidade local.
A actuación consiste na rehabilitación de tres edificios tradicionais para dar cabida a unha recepción, un albergue e un edificio administrativo; ademais de tres apartamentos turísticos -tipo estudio- de nova construcción.
A reconstrucción realízase tomando como base elementos prefabricados de formigón e madeira de piñeiro. A utilización desa mesma madeira nas cabanas posibilita a existencia dun conxunto homoxéneo no que prima a calidade na construcción e a integración no conxunto e no contorno.
A mellora da eficiencia térmica, ao igual que a adaptación á paisaxe, determinan a elección dos sistemas de construcción e acabados. Os materiais son propios e tradicionais da zona, buscando a armonía do conxunto e co lugar no que se sitúa.