Casas de formigón

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade.

Este novo método permite construír ben e rápido, reducindo as imperfeccións de solucións máis tradicionais. Para iso recórrese á prefabricación e ao deseño previo, que permiten obter un resultado moi preciso cun traballo de montaxe máis sinxela que non depende de forma exclusiva do bo facer do operario.

Os procesos contrólanse en talleres e, ao industrializarlos, permiten reducir custos. Conseguindo bos resultados a bo prezo e acurtando os prazos.

Os responsables da creación de Addomo foron os primeiros en confiar a construción da súa vivenda a este novo sistema.