Casa de madeira de Leo e Simón
Esta casa de madeira estructúrase por completo nunha planta única. Accédese por un espazo cuberto á sala de estar da casa que, xunto coa cociña e comedor, forman unha peza unida.
Este é o lugar central da casa de onde xurde outra parte máis íntima, onde se sitúan os dormitorios e os baños.
A maiores, adxunto á vivenda, hai un garaxe aberto para dous coches e unha sala de instalacións e lavandería.
En canto ao sistema constructivo, o esqueleto estructural da casa é de entramado lixeiro de madeira, recuberto cara o exterior por unha pel tamén de madeira. A tabiquería interior é tamén de madeira de piñeiro tratada e illada, cara ao interior o acabado é con paneis de xeso. No pavimento utilízase tarima de madeira.
Para a soleira do garaxe utilízase formigón armado, o solo do garaxe leva formigón pulido. Na terraza, utilízase entaboado de madeira tratada con autoclave.
