Casa de madeira da Verdella
A situación e os condicionantes topográficos do terreo marcan o deseño da edificación que busca sacarlle o máximo partido á parcela.
Trátase dunha segunda vivenda e escóllese como elemento estructural a madeira, aínda que o acabado interior das paredes está feito en placa de cartón xeso pintado. O condicionante da contrapendente aproveitouse para realizar un semisoto de formigón como zona de esparcemento vinculada ao xardín e á piscina que, ademais, aproveita a terraza da planta superior como zona exterior cuberta. Unha entrada lateral en rampa resolve o desnivel de forma accesible.
Na vivenda, á entrada, un recibidor conecta a zona de día e a de noite. A cociña, o comedor e o salón están conectados e teñen saída a unha terraza panorámica cunhas vistas privilexiadas. A zona de noite conta cunha habitación principal en suite con vestidor e baño, máis tres habitacións e un baño.