Casa de madeira e formigón de María e Agustín

Trátase dunha vivenda na que a parcela será decisiva para a toma de decisións constructivas polo respecto aos valores naturais, ambientais e paisaxísticos do contorno e as normas de aplicación no concello.

O programa da casa divídese en zona de día con sala de estar e cociña, tres dormitorios, un estudio, dous baños e espazo baixo cuberta. A maiores construirase unha piscina e os peches da parcela.

Formúlase a construcción con elementos modulares de formigón e madeira en varias alturas, o que permite aproveitar as vistas sobre a ría de Muros e Noia. O proceso constructivo optimízase para obter unha edificación eficiente ecolóxicamente e adaptable á parcela. A cuberta é de tellado cerámico e as augas pluviais fíltranse directamente ao terreo evitando derivalas ao saneamento.

 

Casa de estructura mixta de madeira e formigón

as nosas casas

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón e Addomo Madeira é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade. Coñéceas.

Addomo Casa modular madeira - Zalo e Noa

casas de madeira

Addomo - Casa de madeira

casas de formigón

Addomo - Casas de formigón

proxectos turísticos