Casa de madeira e formigón de Fon, Jor e Ele
O deseño desta vivenda está condicionado pola súa contorna: unha parcela de suave pendente cara ao sur e rodeada por unha carballeira. A normativa obriga a manter unha distancia lateral mínima de 3 metros co terreo lindeiro.
A casa combina paneis prefabricados de formigón con madeira maciza na súa estrutura. A fachada, tamén de madeira, contribúe á perfecta integración do edificio no lugar onde se atopa.
O deseño do proxecto parte dun espazo central de salón, comedor e estudo que comunica cos dous extremos da parcela. No norte sitúase a entrada da vivenda e o garaxe. Ao lado da porta, fáiselle oco a un bidueiro que asoma entre a cuberta e saúda aos visitantes. No sur, unha terraza dá continuidade á cociña cara ao exterior. As zonas privadas están protexidas a ambos os dous lados.
A pendente da parcela permite articular debaixo da vivenda un espazo de semisoto coas instalacións e almacén.