Casa de formigón en Silvouta
Esta casa modular en Silvouta parte dun deseño que respecta ao máximo os valores naturais, ambientais e paisaxísticos da parcela na que se actúa.
O sistema Addomo permite facer unha casa prefabricada de formigón ou, para ser máis precisos, con elementos prefabricados de formigón, que se adapta ao programa solicitado pola familia, neste caso, tres dormitorios e estudio. Ademais da vivenda construimos unha terraza, un garaxe e un almacén.
A ecoloxía, o aforro enerxético e o respecto ao contorno son tres principios que guían o desenvolvemento do proxecto e a posterior execución da obra.
As características do proceso constructivo: forxado sanitario, fachadas ventiladas, ventilación cruzada… favorecen a obtención dunha edificación ecolóxicamente eficiente, calificación enerxética tipo A, como sempre nas casas Addomo, e moi confortable no seu interior, algo que mesmo se reforza con acristalamentos triples baixo emisivos, conseguindo un resultado excelente.
Aínda que se trata dunha casa de formigón, o acabado exterior faise principalmente en pedra, granito silvestre. A fachada é ventilada para evitar humidades e condensacions no interior da vivenda. Destaca tamén sobre a fachada da vivenda o sistema de oscurecemento con contras de madeira.