Casa de formigón en Pousada
A orientación e a pendente da parcela marcarán o deseño da vivenda que se sitúa nela. Co obxectivo de aproveitar ao máximo o terreo determínase realizar un semisótano que funcionará como espazo de garaxe con unha habitación pechada e separada como sala de instalacións e rocho.
Para conseguir un illamento óptimo da humidade e o gas radón, así como a nivel acústico e térmico, a vivienda levará tamén un forxado sanitario.
A planta da casa ten forma de L con dúas zonas claramente diferenciadas. A zona de día conta cunha cociña comedor separada e, ao tempo, conectada co salón. Este espazo caracterízase porque ten unha parede completa con doble ventá cara ao suroeste onde se poden ver as postas de sol e outra igual que continúa con unha terraza e un eirado cara ao noroeste onde pode verse amencer. A zona de día medra cun estudio independente e pegado ao salón.
Separada, comunicada a través do corredor, está a zona de noite con dous dormitorios, un baño e unha suite con vestidor e baño propios.
Preside o xardín a piscina feita con paneis de hormigón prefabricados e praia de madeira que conta co seu propio espazo de almacenamento para as tumbonas e os mobles de exterior.