Casa de formigón de Martiño e Dalia

O lugar no que se sitúa esta vivenda unifamiliar é fundamental para determinar o sistema constructivo e os acabados que se escollen para a mesma. Será unha casa de formigón con fachada ventilada de madeira, na que o respecto ao contorno e á ecoloxía será un valor fundamental a ter en conta.

En todo o proceso constructivo é fundamental a búsqueda da eficiencia enerxética. A cimentación é tradicional con zapatas pero leva un forxado sanitario para evitar o contacto co terreo e garantir así o nivel de ventilación. Evítase tamén deste modo a contaminación de gas radón.

A cuberta é plana estéticamente, ten unha mínima inclinación, e a evacuación da auga realízase a través dun rebosadeiro perimetral de aceiro galvanizado. As augas pluviais vértense directamente ao terreo, evitando derivalas á rede de saneamento.

A vivenda ten unha zona central cunha sala de estar, cociña e comedor, un dormitorio principal con vestidor e baño; outros dous dormitorios, un baño e un estudio. Complétase no exterior cunha terraza con parte cuberta e descubierta e un garaxe.

Addomo Casa modular formigon - Martiño e Dalia

as nosas casas

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón e Addomo Madeira é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade. Coñéceas.

Addomo Casa modular madeira - Zalo e Noa

casas de madeira

Addomo - Casa de madeira

casas de formigón

Addomo - Casas de formigón

proxectos turísticos