Casa de formigón de Manolo e Dina
Enmarcada nun conxunto de dúas vivendas, a casa de formigón de Dina e Manolo leva unha fachada de madeira para conseguir unha mellor integración no seu contorno.
É unha casa unifamiliar cun garaxe en semisoto con zona de instalacións e almacenaxe. O acceso á vivenda está protexido por un enreixado de madeira que contrasta co formigón estructural do edificio e as escaleiras.
A vivenda ten unha zona de día ampla con unha cociña-comedor e un salón conectados e abertos hacia o exterior cun porche. A través dun pasillo, no que contan con moito almacenamento grazas aos armarios, chegamos ás 2 habitacións e un baño para finalizar na suite.
A cuberta é de madeira, tapada cun falso teito de pladur. O sistema de calefacción escollido é de chan radiante con aerotermia.
