Casa de formigón de Casanova

Esta casa de formigón sitúase na parte máis alta dunha parcela con gran desnivel. A pendente resólvese cunha cimentación que se adapta ao terreo e que eleva a vivenda sobre pilares na zona de maior inclinación.

Deste modo respectamos os valores naturais do contorno aproveitando as vantaxas que nos poden ofrecer as peculiaridades da topografía do lugar.

O sistema de construcción modular Addomo permite dar solución ás necesidades da familia. Créase así unha vivenda cunha zona central de estar e cociña-comedor vinculada á terraza; tres dormitorios, un estudio e dous baños.

O programa complétase cun acceso techado, unha terraza cuberta e outra descuberta, un garaxe e un amplísimo espazo de almacén.

O formigón é, neste caso, absoluto protagonista do sistema constructivo Addomo. Sobre a estructura con elementos modulares de formigón macizo, colócase un continuo de aislamiento de poliestireno extruido.

Os condicionantes para a elección do sistema estructural son a estabilidade, a seguridade e a durabilidade. Neste caso, a fachada, é tamén de formigón na zona da vivenda. 

Trátase dun panel de formigón pulido e o seu aspecto é industrial como os paneis da estructura interior das viviendas Addomo. Colócanse con elementos dun tamaño adecuado para que posibiliten a ventilación da fachada sen ir en detrimento da súa apariencia estética. Na zona do garaxe e o almacén da fachada é de madeira natural tratada con autoclave.

Addomo - Casa de hormigón - Casanova

as nosas casas

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón e Addomo Madeira é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade. Coñéceas.

Addomo Casa modular madeira - Zalo e Noa

casas de madeira

Addomo - Casa de madeira

casas de formigón

Addomo - Casas de formigón

proxectos turísticos