Casa de Gonzalo, Rosa, Lupe e Lía
A familia que habita esta vivenda unifamiliar escolleu unha casa Addomo de madeira, tanto na súa estructura como na súa fachada.
O edificio está formado por un peche de madeira laminada, doble panel OSB, con illamento termoacústico de lá de rocha hidrofugada e finalizado no seu interior con taboleiro de xeso.
A cuberta é estéticamente plana, con terminación de canto rodado de grava, sobre estructura de pontóns e vigas de madeira laminada encolada, con barreiras de vapor e varias capas de illamento diferentes.
O solo en contacto co terreo na estancia da vivenda sepárase cun mínimo de 20 centímetros desde o nivel inferior do forxado para garantir un nivel suficiente de ventilación cruzada e minimizar a humidade proveniente do terreo. Así mesmo, garántese o illamento da contaminación por gas radón.
A vivenda ten unha estancia ampla de sala de estar, comedor e cociña, tres dormitorios e dous baños. Esto complétase cunha sala de instalacións e garaxe. Conta ademais cunha piscina.
