Casa de formigón de Fran e Renata
Os arquitectos e inxeñeiros de Addomo Arquitectura Modular, despois de varios anos de investigación, foron os primeiros en confiar a construcción da súa vivenda ao sistema de Addomo Formigón.
Así, a vivenda modular familiar de Fran e Renata, aínda que polas súas características dista moito da maioría das casas prefabricadas, si está construida con paneis prefabricados macizos de formigón armado. En apariencia este tipo de vivendas modulares poderían parecer casas de madeira, pois a súa fachada é de madeira pintada de branco.
Poderiamos dicir que o entramado de muros prefabricados de formigón constitúe o esqueleto do organismo. Mentres, temos unha pel adaptable, variable, como unha funda de quita e pon. Neste caso a elección foi a madeira pintada que fai as veces de membrana de transición entre exterior e interior, entre público e privado.
Neste tipo de construcción modular a xunta seca preside todo o sistema constructivo.
Ecoloxía; aislamiento térmico e acústico; enerxías renovables; falamos de características inherentes a este sistema constructivo que nos permiten aforrar cada día mentres respectamos a paisaxe e o medio ambiente.
O proxecto ten unha natureza dual: global na parte básica; individual na parte executiva. É dicir, prográmase a ordenación de forma conxunta, para un grupo de casas modulares, perodesenvólvese de xeito individual ou específico, segundo as esixencias de cada cliente e a súa circunstancia.