Casa de formigón de Carla e Sabela
Trátase dunha casa unifamiliar de formigón nun marco moi especial. O contorno é rural polo que, no seu deseño, tomouse como punto de partida o respecto ao medio natural. Este proxecto ten tamén a particulariedade de contar ao seu arredor con outras obras Addomo que crean un conxunto singular.
A promotora da vivienda precisa un espazo cunha sala de estar, comedor e cociña, dous dormitorios e un estudio.
As estancias ábrense ao sur e ao oeste e articúlanse en dúas zonas. A zona de día consta dunha cociña, comedor e sala de estar en concepto aberto para aproveitar ao máximo o espazo, completadas cun estudio adxacente. Cara ao exterior ábrese, así mesmo, unha terraza cuberta. Na zona de noite, sitúanse os dous dormitorios cos seus correspondentes baños.
Anexos á vivenda engadimos unha lavandaría e un garaxe cunha estructura de cuberta lixeira de madeira.