Canto custa a casa dos teus soños?

Tes moi claro como é a túa casa ideal: unha casiña de madeira ou unha casa de formigón, grande, luminosa, cun bonito xardín… Canto custa facer realidade o teu soño? Calcúlao agora e sorpréndeche.

Fixemos realidade a casa dos soños de máis de 150 clientes. Para iso, dedicamos moito tempo para coñecer as súas preocupacións, as súas necesidades e os seus gustos. Un tempo compartido no que nos fixemos tamén amigos.

Grazas a estas amizades, coñecemos a novos clientes que seguen facendo crecer a familia Addomo. E aínda que somos familia numerosa, queremos seguir crecendo, coñecendo novos amigos e facendo realidade as casas dos seus soños.

Importante: Addomo só constrúe en Galicia.

Calcula o prezo da túa casa

* Importante: Addomo so constrúe en Galicia.
Superficie total

Ao enviar o seguinte formulario aceptas o tratamiento dos datos que nos proporcionas de acordo a nosa política de privacidade.

Como son as casas Addomo?

 

Co sistema patentado por Addomo para a construción de casas modulares tentamos democratizar a arquitectura para crear vivendas de deseño de gran calidade máis alcanzables.

As nosas casas adáptanse tanto as preferencias dos nosos clientes como á contorna no que se emprazan.

Addomo - Casas ecologicas - clase A

 

Todas as nosas casas teñen unha base común: son casas ecolóxicas cunha certificación enerxética do grupo A, por características como a súa gran capacidade de illamento acústico e térmico, que fai que manteñan a calor no inverno e o fresco no verán, as cubertas planas que melloran a impermeabilización, ademais de permitir aproveitar a auga da choiva ou dar novos usos á parte superior da casa como o seu axardinamento.
Addomo - Casa modulares - Alzado casa

Por que Addomo?

 

Porque sabemos o que buscan os nosos clientes: a máxima calidade ao mellor prezo. O noso sistema de arquitectura modular require pouca man de obra por iso a maior parte do orzamento da casa destinarase aos materiais.

Isto permite que, polo mesmo prezo ou menos, unha vivenda Addomo teña un nivel de calidade moito maior que calquera outra.

Máis de 150 soños cumpridos

 

Queres ver proxectos que xa se fixeron realidade? Accede á nosa galería de proxectos e sorpréndeche.

 

O límie o pos ti

As casas Addomo adáptanse totalmente ás necesidades e gustos de cada cliente.

Preguntas frecuentes

Por que se constrúen tan rápido as casas Addomo?

O noso sistema de construción é rápido porque traballamos con elementos prefabricados de formigón ou madeira, en función do tipo de sistema Addomo que usemos co que, unha vez listos, só teñen que ser engranados no propio terreo, algo que o noso equipo de profesionais fará en moi pouco tempo.

Este sistema supón tamén unha importante redución do impacto ambiental na contorna, debido a que apenas se xeran residuos.

Por que son máis baratas as casas Addomo?

Ao construírse de forma moi rápida, as casas Addomo requiren moi pouca man de obra. Mentres que na construción tradicional a man de obra supón un 70% do orzamento, no noso sistema por menos se obtén máis calidade porque a maior parte do investimento destínase a materiais.

As casas Addomo son casas prefabricadas?

As nosas casas móntanse no propio terreo aínda que para iso utilízanse bloques prefabricados, isto supón que as ancoraxes entre pezas non se poden danar no seu transporte, coma se fosen casas de certo tamaño prefabricadas nun taller. Son ademais vivendas totalmente personalizadas segundo os gustos do cliente e as circunstancias da contorna no que se van a situar. A pesar diso, teñen algún punto en común con lascasas prefabricadas, como son os seus prezos competitivos e a rapidez do sistema de construción.

Podo colocar unha casa Addomo nun terreo da miña propiedade?

Si, sempre que ese terreo estea legalmente habilitado para a construción. O concello ao que pertence a parcela ten esa información pero nós mesmos podemos asesorarche.

As cubertas planas son seguras para zonas nas que chove moito?

Si, totalmente. Ofrecen unha impermeabilización continua con moi bos resultados. No noso sistema construtivo utilizamos láminas en EPDM, que son pneumáticos das marcas Firestone, Giscosa, #etc, e que nos ofrecen 20 anos de garantía sobre o produto. Trátase dunha garantía moi superior á das cubertas da construción tradicional, de 3 anos.

Onde están as oficinas de Addomo?

As oficinas de Addomo Arquitectura modular atópanse en Bertamiráns, a 15 minutos en coche de Santiago de Compostela. En Praza Horta de Abaixo nº2. Podes visitarnos no noso horario de oficina, de 9 a 14h e de 16 a 19h de luns a venres.