Se buscas unha vivenda cómoda, eficiente, ampla e situada nun lugar privilexiado de Compostela, temos boas noticias. En Addomo estamos traballando nunha nova promoción de 8 vivendas unifamiliares na rúa Torreira en Santiago. Un contorno próximo a espazos comerciais ou a zona histórica e situado preto do centro da cidade, rodeado de zonas verdes por onde camiñar e estar en contacto coa natureza. As vivendas son amplas, con máis de 200 metros e varios espazos exteriores de terraza e xardín. Teñen 3 dormitorios, un estudio de gran tamaño e dous baños; unha cociña comedor con acceso ao xardín e unha sala de estar independente. Ademais dun espazo libre privado duns 30 metros, as vivendas contan con máis de 40 metros de terrazas, un garaxe cuberto para dous coches e un rocho ou trasteiro.
O sistema constructivo das vivendas é o de Addomo Formigón que garante unha grande solidez á vivenda e un deseño actual coa cuberta plana e as liñas puras. A fachada de madeira aporta un grande atractivo visual xa que permitirá a súa integración no contorno así como un mantemento sinxelo. As calidades son as do sistema estándar que garante sempre unha calificación enerxética A con acabados moi coidados e garantías que igualan u mesmo superan, coma no caso da cuberta (que as duplican), as da construcción tradicional.
O sistema de calefacción é de suelo radiante con aerotermia, o que proporciona unha gran confortabilidade e facilidade de mantemento.
Para máis detalles informacion@addomo.es.