ADDOMO
  • addomo
    • o proxecto
    • i+d+i
    • casas ecolóxicas
  • madeira
  • formigón
  • turismo
  • prezos
  • blog
  • contacto
  • Galego
  • Spanish
Select Page

Casas modulares de formigón en venta en Santiago de Compostela



Publicado: 12 Xuñ, 2025

Se buscas unha vivenda cómoda, eficiente, ampla e situada nun lugar privilexiado de Compostela, temos boas noticias. En Addomo estamos traballando nunha nova promoción de 8 vivendas unifamiliares na rúa Torreira en Santiago. Un contorno próximo a espazos comerciais ou a zona histórica e situado preto do centro da cidade, rodeado de zonas verdes por onde camiñar e estar en contacto coa natureza. As vivendas son amplas, con máis de 200 metros e varios espazos exteriores de terraza e xardín. Teñen 3 dormitorios, un estudio de gran tamaño e dous baños; unha cociña comedor con acceso ao xardín e unha sala de estar independente. Ademais dun espazo libre privado duns 30 metros, as vivendas contan con máis de 40 metros de terrazas, un garaxe cuberto para dous coches e un rocho ou trasteiro.

O sistema constructivo das vivendas é o de Addomo Formigón que garante unha grande solidez á vivenda e un deseño actual coa cuberta plana e as liñas puras. A fachada de madeira aporta un grande atractivo visual xa que permitirá a súa integración no contorno así como un mantemento sinxelo. As calidades son as do sistema estándar que garante sempre unha calificación enerxética A con acabados moi coidados e garantías que igualan u mesmo superan, coma no caso da cuberta (que as duplican), as da construcción tradicional. Casa de dos plantas con estructura de hormigón y fachada de madera Salón abierto en casa de hormigón Porche en casa de hormigón O sistema de calefacción é de suelo radiante con aerotermia, o que proporciona unha gran confortabilidade e facilidade de mantemento.

Para máis detalles informacion@addomo.es.

Unímonos ao Grin Challenge porque compartimos este soño

Unímonos ao Grin Challenge porque compartimos este soño

16 Mar, 2020

ADDOMO arquitectura modular - logotipo

Praza Horta de Abaixo, n°2 L6
Bertamiráns, Ames
(A Coruña)
T (+34) 881 60 70 09
informacion@addomo.es

  • addomo
    • o proxecto
    • i+d+i
    • casas ecolóxicas
  • madeira
  • formigón
  • turismo
  • prezos
  • blog
  • contacto
  • Galego
  • Spanish





Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

(c) 2024, Tente construcciones modulares SL | Desarrollado por avaforum.com