Casiñas de madeira accesibles nas árbores: o reto arquitectónico de Cabanas sen barreiras
Cabanas sen barreiras, accesibilidade universal nun bosque de Quintela, é un dos máis importantes retos aos que se ten enfrentado Addomo no terreo do deseño e construcción de establecementos turísticos.
O punto de partida é un bosque autóctono que debe ser acondicionado para acoller seis apartamentos turísticos individuais totalmente accesibles. Suprimir totalmente as barreiras de acceso sen menoscabar a condición ambiental e natural do contorno, é o obxectivo que nos marcamos.
Buscamos a comunión entre o espazo do que partimos e o resultado final da nosa actuación. O terreo, con toda a súa riqueza ecolóxica, intégrase no proxecto que, ao tempo, respecta a natureza do lugar no que se implanta. Cada un dos seis apartamentos turísticos é unha cabana de madeira entre as árbores cunha pasarela que salva o desnivel. Todos os sentidos intégranse no proxecto para salvar obstáculos e crear confortabilidade atendendo aos condicionantes de persoas con mobilidade reducida ou outras necesidades especiais. Os camiños, os peches, as texturas dos materiais, a luz, os sons, convértense en aliados no proceso.