Casa modular de madeira de Xosé Luis, Susana e Maruxa
Trátase dunha casa modular realizada co sistema Addomo Madeira de tres dormitorios, un estudio, dous baños e cociña-salón-comedor cunha magnífica terraza. Complétase o conxunto cun garaxe e un almacén en semisoto.
Unha vivenda que se abre cara o sur e con grandes ventás desde as que se ve todo o Val da Maía e incluso, en días claros, as torres da Catedral.
Estas vistas obtéñense gracias á altura conseguida coa elevación da vivienda sobre o semisótano e os piares.
Este sistema modular con entramado lixeiro de madeira e illante permítenos conseguir valores excelentes de illamento e estanqueidade mellorando considerablemente as condicións interiores das nosas edificacións e convertíndoas en vivendas saudables.