Casa modular de Manola e Xosé Manuel
Trátase dunha vivenda modular de Addomo Formigón con fachada ventilada de madeira tratada.
Esta edificación é parte dunha intervención de tres vivendas que, a pesar de ser totalmente diferentes entre elas, armonizan de forma integradora.
É una vivenda de dúas plantas cunha ampla cociña-comedor e un salón separados por unha gran porta corrediza desde a que sae a unha ampla terraza cuberta con vidro para ampliar a entrada de luz. O programa complétase con dous dormitorios e un baño en planta baixa, dúas estancias na primeira planta que comparten un segundo baño e un garaxe aberto con almacén e lavandería.