Casa de formigón de Jorge e Ara

Encárgannos a execución dunha vivenda unifamiliar no rural. O noso punto de partida é o respecto máximo polos valores naturais, ambientais e paisaxísticos do lugar no que se actúa. Trátase dunha parcela en pendente e con forma trapezoidal.

Por estas circunstancias, a casa de formigón de Jorge e Ara é o perfecto exemplo de integración dun proxecto no seu contorno.

 

O terreo no que traballamos caracterízase pola presenza de árbores que o enriquecen e o embelecen. Son elas as que marcan os límites da edificación que se prega para deixarlles seguir o seu camiño. O resultado: a vivienda, vestida coa madeira da fachada, forma un todo co bosque que a abraza e a baña de cores.

 

 

 

Esta casa de formigón consta de sala de estar, cociña-comedor, dous dormitorios e unha zona de estudio para dúas persoas. Así mesmo, dispón de garaxe aberto adosado á vivienda.

 

Casa de formigón e madeira rodeada de árboles

as nosas casas

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón e Addomo Madeira é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade. Coñéceas.

Addomo Casa modular madeira - Zalo e Noa

casas de madeira

Addomo - Casa de madeira

casas de formigón

Addomo - Casas de formigón

proxectos turísticos