Casa de formigón de Alberto e Rafa
A vivenda de Alberto e Rafa está situada no contorno rural. No seu deseño formúlase unha construcción con elementos modulares prefabricados de formigón macizo. Estas pezas prefabricadas permítennos optimizar o proceso co fin de obter unha edificación ecolóxicamente eficiente e fácilmente adaptable á parcela. O respecto ao lugar no que se sitúa a casa é una máxima en todo o proceso creativo e de execución.
O programa da vivienda adáptase ás necesidades expresadas polos clientes. Neste caso, precisan unha casa con sala de estar, comedor e cociña que comparten a zona de día cun estudio. Todas as estancias ábrense cara unha terraza cuberta orientada cara a zona máis reservada da parcela.
O deseño, en forma de L, acolle ademais unha zona de noite con dous dormitorios e dous baños completos.
O sistema amóldase á parcela e ás demandas dos clientes desenvolvéndose por completo nunha planta baixa.
Conectado coa vivienda, realízase un garaxe e unha sala de instalacións.
No exterior da casa colocamos unha piscina feita tamén con paneis de formigón prefabricados.