Casa de formigón Liñares

Esta vivenda unifamiliar é unha casa de formigón con tres volúmenes que se diferencian nas súas fachadas segundo a súa altura. A zona de maior superficie, de dobre altura, ten fachada ventilada de madeira e nos outros dous espazos o acabado é de formigón prefabricado.

A planta baixa da vivenda conta cunha zona de día con cociña, comedor e sala de estar. O programa complétase cunha habitación e un baño. Unhas escaleiras primeiro de formigón e despois de madeira conectan os andares e atópanse, na parte superior, cun recibidor aproveitado como zona de estudio. A mesa que o preside está formada por taboleiros de madeira iguais que os que forman a estructura da cubierta da vivienda. Este espazo comunica, ao tempo, cunha suite con baño e terraza propia, por un lado e, polo outro, cunha estancia que funciona como estudio e cun terceiro baño.

O volume de planta baixa é independente do anterior pero busca a conexión visual co mesmo, de feito ambos comparten o mesmo espazo de ventá. A idea é ter dous lugares que se poidan ver pero illados acústicamente. Unido a éste, hai un garaxe cuberto pero sen pechar. Un segundo volume de planta baixa está ocupado pola lavandería e a sala de instalacións.

A zona exterior complétase cunha piscina con praia de formigón e madeira ao mesmo nivel.

Addomo Casa modular hormigon - Liñares

as nosas casas

O sistema patentado de construción de Addomo Formigón e Addomo Madeira é o resultado de anos de investigación buscando crear vivendas funcionais e eficientes nas que o deseño non sexa só un obxecto de desexo aspiracional, senón unha realidade. Coñéceas.

Addomo Casa modular madeira - Zalo e Noa

casas de madeira

Addomo - Casa de madeira

casas de formigón

Addomo - Casas de formigón

proxectos turísticos